O Outono Lírico de Vigo programará a ópera Werther de Massenet

O festival desenvolveranse entre setembro e outubro

O Festival Outono Lírico de Vigo ofrecerá o 8 de novembro a ópera Werther, de Jules Massenet. Así se deu a coñecer tras da sinatura do convenio entre o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o presidente da Asociación Amigos de la Ópera de Vigo, Daniel Diz, polo que a Xunta achega 30.000 euros ao desenvolvemento do festival durante os meses de setembro, outubro e novembro, que inclúe títulos destacados da lírica internacional, zarzuela e actividades paralelas pensadas para todos os públicos. En concreto, o calendario arrancará o 28 de setembro coas representacións das obras A Voz Humana e A Dama de Montecarlo, de Poulenc, seguido de Unha noite de zarzuela, coa soprano Ainhoa Arteta, o 18 de outubro.

O espectáculo máis salientable desta edición será a representación de Werther, de Jules Massenet, cun elenco conformado por un tenor, unha mezzosoprano, un barítono, un baixo e unha soprano acompañados da Orquestra Sinfónica de Vigo 430 e o coro do Instituto A Xunqueira de Pontevedra.Ademais, a programación inclúe o tradicional concerto de Novas voces da Lírica Galega e os habituais ciclos Ópera no Cinema dedicado este ano aos compositores Georges Bizet e Maurice Ravel, así como as iniciativas Cinema de Outono e Falamos de, unha serie de charlas e encontros con artistas expertos.