A Real Academia Galega de Belas Artes acordou en pleno este sábado 28 dedicar a celebración do Día das Artes do 1 de Abril do 2026 ao fotógrafo José Suárez. Fotógrafo e cineasta, Súarez (Allariz, 1902-1974), licenciado en Dereito pola Universidade de Salamanca está considerado o fotógrafo galego máis internacional. Amigo de Miguel de Unamuno que prologou seu libro '50 fotos de Salamanca', estivo Influído polo pensamento da 'Revista de Occidente' e as ideas artísticas das vangardas. No 1935 expón en París e Madrid. Comeza a rodar no ano 1936 o documental Mariñeiros interrompido polo Golpe de Estado. Exiliase na Arxentina en 1937, e alí vai traballar como realizador e director de fotografía de varios filmes. Tanto o Museo de Pontevedra como o Museo de Galicia no Gaiás dedicáronlle en pasados anos exposicións conmemorativas ao fotógrafo.
A Academia Galega de Belas Artes tivo en conta para esta dedicación os seus numerosos méritos. En 1938 dirixe o filme 'La mujer y el jockey'. È premiado pola fotografía no filme 'Malambo' no 1942. Foi fotógrafo no xornal La Prensa en Bos Aires. Vive en Uruguay desde 1950 onde rexenta a libraria 'El yelmo de Mambrino'. En 1956 viaxa a Xapón de correspondente de prensa. Alí namorase da cultura nipoa e o teatro clásico Noh. Coñece ao director de cine, Akira Kurosawa co que mantivo unha boa amizade. Colabora coas revistas Life, US Camara, Vida gallega, Galicia emigrante, Atalaya, Ahora, Cinegraf, entre outras. No 1959 volve a España, e edita un libro sobre La Mancha e outro sobre o mundo dos touros para unha editorial inglesa. Ilustra parte da 'Historia de Galicia' de Otero Pedrayo e desde o ano 1971 participa nas tertulias do hotel Miño de Ourense onde è moi querido por Carlos Casares e o grupo dos "artistiñas".