Máis de 3000 documentos que inclúen carteis, comunicados, pegatinas, posters e todo tipo de materiais de propaganda polÃtica compoñen o Fondo Miguel Gutiérrez de Propaganda PolÃtica que desde hoxe está accesible no web do Consello da Cultura Galega. Miguel Gutiérrez é un coleccionista que atesoura todo tipo de materiais de propaganda e actividade polÃtica desde as últimas décadas da dictadura franquista ata a actualidade. O fondo dá acceso a máis de tres mil documentos que permiten ver a evolución dos discursos e das estéticas polÃticas de todo o espectro ideolóxico en Galicia, e a información pode ser recuperada de múltiples maneiras. A catalogación e investigación do fondo foi levada polo grupo Hispona da facultade de Historia da Universidade de Santiago, nun proxecto liderado polo catedrático Emilio GrandÃo.
O CCG abre acceso a un importante fondo de propaganda polÃtica galega
O Fondo Miguel Gutiérrez foi catalogado polo grupo Hispona da USC
