Cultura ultima un programa de actividades para a Illa de San Simón

Abre as actividades un congreso sobre a propaganda nos estados totalitarios

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A disolución da Fundación Illa San Simón non significa que ese espazo quede sen actividade.Así o confirmaron fontes da Consellaría de Cultura que aseguran están a ultimar a programación anual para ese espazo en cuxa rehabilitación a administración investiu 12 millóns de euros desde hai case unha década. En canto ao contido desa programación sábese que será variada e inclúe congresos, xornadas, festivais e concertos. O único confirmado é o congreso internacional A Cultura do Poder: a propaganda nos estaos autoritarios, que pretende estudar o papel da propaganda neste tipo de gobernos. A cita está coordinada por Alberto Pena, da Facultade de Cienicas Sociais e da Comunicación de Pontevedra, e Heloisa Paulo, da Universidade de Coimbra

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Dosier: San Simón

Coa saída do IGADI e o Fondo Galego de Cooperación, San Simón queda sen actividade

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Illa de San Simón, Pontevedra