A Illa de San Simón dependerá directamente de Cultura

A Dirección Xeral de Patrimonio xestionará as instalacións do lugar

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Logo de acordar a disolución da Fundación Illa de San Simón, será a Consellaría de Cultura a responsable de desenvolver iniciativas de dinamización neste espazo. Segundo anunciaba onte a Xunta, a Secretaría Xeral de Cultura continuará a liña de traballo que se estaba a manter encol da Illa, e para o vindeiro ano programará, en colaboración do Concello de Redondela, "actividades e proxectos que contribúan a consolidar a Illa de San Simón como referente cultural e social, a través da organización de congresos, cursos, xornadas, seminarios, festivais ou concertos". Pola súa banda, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural xestionará as instalacións e edificios da Illa. O padroado da Fundación agora extinta estaba formado por diferentes departamentos do governo autonómico, ademais da presenza do Concello de Redondela e das Universidades de Santiago, A Coruña e Vigo.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Redondela, Dirección Xeral de Patrimonio, Secretaría Xeral de Cultura, Fundación Illa de San Simón...