A Illa de San Simón acollerá unha xornada sobre cultura medieval

O CCG e o concello de Redondela asinan un acordo de colaboración

3/4/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A illa de San Simón acollerá o vindeiro día 26 de abril unha xornada para público xeral que pretende analizar a cultura medieval tomando como base as últimas investigacións sobre este período que empregan novas tecnoloxías. A primeira xornada do programa “Seíam’eu...en San simón” leva por título “A cultura medieval á luz das novas tecnoloxías” e está conformado por catro sesións que prestarán atención na arte, na literatura, na música e no patrimonio. A xornada incríbese nun convenio suscrito polo Consello da Cultura Galega e o concello de Redondela que significará a realización dun evento anual na illa de San Simón e o préstamo de exposicións do CCG.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Simón, Illa de San Simón, Concello de Redondela, Redondela...