Unha Idade Media moi tecnolóxica

O CCG debate sobre novas tecnoloxías aplicadas ao estudo da Idade Media

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

A Illa de San Simón acolle hoxe a xornada "Seíame en en San Simón. A cultura medieval á luz das novas tecnoloxías", coa que o Consello da Cultura Galega busca reflexionar en como o emprego de novas ferramentas e técnicas permiten incrementar o coñecemento sobre a Idade Media galega. Para reflexionar ao redor da cuestión, contarase con varias mesas. Daniel C. Lorenzo Santos, director da Fundación Catedral de Santiago, e Ramón Yzquierdo peiró, director técnico-conservador do Museo da Catedral, falarán sobre a restauración do Pórtico da Gloria. Rebeca Blanco Rotea e José Carlos sánchez Pardo explicarán como novas tecnoloxías permiten reinterpretar as igrexas altomedievais galegas. Pola súa banda, Antoni Rosell, Graza Videira e Leticia Eirín se achegarán á música medieval e ás cantigas da lírica galegoportuguesa.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Idade Media, Catedral, Rebeca Blanco, José Carlos Sánchez Pardo...