O 96,7 por cento dos nenos galegos usan ordenador

O Observatorio da Cultura constata un incremento constante na adopción das novas tecnoloxías pola poboación máis nova

| Santiago. Redacción | Seccións: TecnoloxíaSociedade
Compartir:

Nos últimos cinco anos o emprego de ordenadores na poboación galega de entre 10 e 15 anos medrou un 6,3%, o dobre da media estatal (3%). Este incremento deixa nun 96´7% o índice de nenos e nenas galegas que fan uso habitual deste aparello, unha cifra que tamén supera a media estatal, situada no 95,6%. A diferenza é semellante no emprego de Internet nesta idade, cifrado nun 88,8%. Os datos están extraídos polo Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega da Enquisa sobre equipamento e uso de tecnoloxías da información e comunicación nos fogares do Instituto Nacional de Estatística.

A partir do mesmo estudo, constátase que o noso país é a quinta comunidade na que os rapaces e rapazas deste tramo de idade teñen máis teléfonos móbiles, un 70% dos enquisados, fronte ao 65,8% dos seus coetáneos do Estado.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega, Instituto Nacional de Estatística, Medios de comunicación