Diminúe a fenda dixital entre os máis novos

A fenda pequena

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Os galegos e galegas de entre 10 e 15 anos empregan as novas tecnoloxías ao mesmo nivel que os rapaces do resto do Estado. Un 74,5% desta poboación conectouse a Internet nos últimos tres meses fronte ao 76,8% da media estatal, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística. Esta escasa distancia contrasta cos nove puntos de diferenza que se dá entre o conxunto da poboación galega e a media estatal. En canto a emprego de móbil, o 64,4% dos rapaces galegos teñen un destes aparellos, fronte ao 64,7% do Estado.

Máis información en Sociedadedainformacion.eu

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Instituto Nacional de Estatística, Medios de comunicación