Constitúese a Fundación Illa San Simón para fomentar a investigación e actividades relacionadas co mar

Fundar a illa

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Santiago acolleu hoxe a xuntanza constitutiva do padroado da Fundación Illa San Simón. Unha entidade que se encargará da conservación do patrimonio da illa, de organizar actividades relacionadas co mar así como conservar e xestionar as instalacións e edificacións. A nova entidade, que conta cun orzamento de 750.000 euros para este 2007, está conformada por representantes do Ministerio de Medio Ambiente, da Consellaría de Cultura e das tres universidades galegas. Ademais, na xuntanza tamén se resolveu que o xeógrafo Francisco Xabier Méndez será o xerente deste organismo.

Máis información no web da Consellaría de Cultura

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con San Simón

Claves

Lugares