Un fondo que pon a proba a memoria (política)

O Consello da Cultura Galega abre acceso ao Fondo Miguel Gutiérrez

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Un fondo que pon a proba a memoria (política)

Contemplar os máis de douscentos carteis xa publicados do Fondo Miguel Gutiérrez supón un exercicio de memoria persoal: recoñecer a partir de que momento se lembran as diferentes imaxes que van configurando este fondo visual de propaganda política. O Fondo, catalogado polo grupo HISPONA de historia contemporánea da facultade de Historia da USC, presenta polo momento unha escolma do que é un dos fondos máis amplos sobre a cultura visual e política desde a Transición ata a década do 2000. O proxecto permite ver xa as diferentes xeracións e mesmo culturais visuais do político desde antes da morte de Franco, as reivindicacións sociais, pero tamén todas aquelas que teñen que ver coa autonomía e o modelo político que diferentes grupos procuraban para Galicia.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Consello da Cultura Galega, Morte

Claves

Conceptos