Nesta mañá sorprendeunos a morte de Justo G. Beramendi, catedrático xubilado de Historia Contemporánea da USC e unha destacada figura da historiografÃa contemporánea galega. A súa capela ardente instalarse este xoves no auditorio do Museo do Pobo Galego, e estará aberta ao público entre as 10.00 e as 13.00, cando comece un acto en recordo do historiador. Beramendi era madrileño de nacemento e "galego por elección", como a el se gustaba definirse. De formación e experiencia técnica (estudara EnxeñarÃa Industrial en Madrid), orientouse cara a historia contemporánea, especializándose na historia polÃtica do galeguismo. Beramendi foi, sen dúbida, o gran articulador do discurso historiográfico sobre a formación do galeguismo polÃtico no século XIX, desde o movemento provincialista, o posterior papel do celtismo ou as sucesivas adaptacións e transformacións do modelo do galeguismo a través de diferentes fórmulas e circunstancias polÃticas. Neste sentido, o seu libro de referencia foi De provincia a nación: Historia do galeguismo polÃtico (Xerais, 2007), pero tamén prestou atención monográfica a grandes figuras como Alfredo Brañas, Manuel MurguÃa, Ramón Villar Ponte ou Vicente Risco. Beramendi tamén prestou atención ao proceso do estatuto A Galicia Autónoma. Os primeiros pasos da autonomÃa, 2008. A súa implicación na cultura galega foi tamén profunda: estivo vinculado ao padroado do Museo do Pobo Galego desde a súa constitución, en diferentes cargos e figuras, chegando a ser presidente desde o ano 2011 ata o 2022.
Reaccións
O Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pronunciouse trala morte de Beramendi, sinalando que era "unha peza clave na construción e fortalecemento da nosa cultura e historia". Pola súa banda, o conselleiro de Cultura da Xunta, José López Campos, destacou de Beramendi que era un "traballador incansable en prol das raÃces dun pobo ao que elixiu pertencer". O Consello da Cultura Galega sumouse tamén ás condolencias destacando o seu papel como "unha das figuras referenciais para comprender, desde o punto de vista histórico, a articulación do galeguismo polÃtico entre os séculos XIX e XX". O concello de Santiago, localidade na que residÃa o profesor Beramendi, tamén se sumou ás condolencias.