A Xunta declara BIC o fondo bibliográfico e documental de ABANCA

Está constituído por 3199 volumes

8/9/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia publicou onte o decreto polo cal se declara BIC o fondo bibliográfico e documental de ABANCA. Segundo o decreto, este fondo "é un elemento fundamental do patrimonio bibliográfico e documental galego, tanto polo valor individual dalgunha das obras que reúne como, principalmente, polo valor histórico e documental que supoñen como colección para a identidade do pobo galego". Componse de 3199 volumes "que inclúen libros e documentos, componse de coleccións bibliográficas, como os fondos de economía, os incunables, os facsímiles e o fondo histórico, e un fondo documental, o dos autógrafos". Na ligazón que ofrecemos podes consultar o inventario deste espectacular fondo documental.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Abanca, Economía, Identidade...