Luz Pozo Garza doa á Biblioteca de Galicia o seu fondo

Componse de cinco mil volumes e documentación epistolar

28/7/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A poeta Luz Pozo Garza formalizou a doazón do seu fondo bibliográfico e documental á Biblioteca de Galicia, albergada na Cidade da Cultura de Galicia. O legado está conformado por arredor de 5.500 volumes, esencialmente de carácter literario e obras de consulta, ademais de por unha ampla documentación epistolar entre Eduardo Moreiras e Vicente Aleixandre. Así mesmo, está composto por exemplares da propia obra da escritora, así como por recortes de prensa. Todo o conxunto de fondos que compoñen a doazón estará identificado como ‘Biblioteca e Arquivo Luz Pozo Garza’.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luz Pozo Garza, Biblioteca de Galicia, Eduardo Moreiras, Documental...