Un monográfico dedicado ás cartas que Luz Pozo Garza enviou ao longo de tres décadas ás persoas responsables da publicación. Esta é a proposta que achega o número 25 de Unión Libre. Cadernos de vida e culturas baixo o epÃgrafe "Arte epistolar". A publicacion recupera unha escolma dos textos e ilustracións das misivas que a poeta enviaba a Carmen Blanco e a Claudio RodrÃguez Fer, responsables do proxecto, ao abeiro das súas colaboracións nesta publicación.
Segundo explica a dirección da revista na presentación do volume, que está dispoñible para a súa libre descarga, "Luz Pozo Garza enviounos, dende 1989, interesantes e preciosas cartas dende Vigo, A Coruña, DublÃn e Toulouse, a miúdo con poemas e con debuxos inéditos da súa autorÃa, constituÃndo unha auténtica obra de arte epistolar que aquà damos a coñecer por primeira vez". Segundo apuntan, hai moito material aÃnda pendente de exhumar dentro desta mesma correspondencia. "Nesta primeira edición reproducimos os poemas que nos dedicou a nós ou a nosa filla Mariña, para non adiantar demasiado material da súa obra poética dispersa que terá que compilarse algún dÃa. Ademais, os longos, variables e complexos procesos de elaboración dos seus libros Rosa tántrica, que seguimos dÃa a dÃa, e Pazo de Tor, cuxa edición realizou Carmen Blanco, deron orixe a unha gran cantidade de envÃos dos que agora reproducimos tan só os máis significativos para evitar recargar esta exhumación cunha casuÃstica ecdótica demasiado prolixa".