A revista Unión libre dedica o monografico do número 28 ao poeta lugués Claudio Rodríguez Fer. A publicación é unha actualización dunha edición orixinal de 1998, e segue o ronsel trazado pola edición en 1997 da publicación O mundo lucense de Ánxel Fole. Trátase dunha visión poliédrica ao redor da traxectoria vital, cultural e literaria de Claudio Rodríguez Fer, establecida a partir de pequenos fragmentos que colectan obxectos persoais, datos e visións biográficas, converténdose nun auténtico museo dixital dedicado á figura do profesor e poeta lucense e facendo fincapé tamén nas súas conexións e vínculos internacionais. O exemplar pódese descargar de balde en pdf (1 Gb) desde o web de Unión libre.