Claudio Rodríguez Fer recibe o premio Babel dunha editorial norteamericana

O galardón recoñece unha biografía "promovendo a literatura a través de contextos culturais e lingüísticos"

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Claudio Rodríguez Fer

Claudio Rodríguez Fer

A editorial norteamericana Mundus Artium Press, vinculada á Universidade de Texas, concedeu o premio Babel de literatura ao poeta e crítico lugués Claudio Rodríguez Fer. O premio, de concesión anual, recoñece a "individuos que promoveron o diálogo literario entre linguas e culturas", e define a Rodríguez Fer como unha "voz destacada na avangarda literaria, e coas súas obras traducidas a varias linguas. Campión da paz e dos dereitos Humanos, Rodríguez Fer influiu o discurso literario global a través da súa poesía, actividade académica e publicacións multilingües".

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Claudio Rodríguez Fer, Literatura, Poesía

Claves

Protagonistas
Conceptos