Manuel López Rodríguez gaña o IIº Premio de Poesía Eduardo Pondal

O escritor noiés foi recoñecido pola obra 'Vangarda ule'

19/5/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Manuel López Rodríguez Foto: Facebook Editorial Medulia

O libro Vangarda ule, do autor noiés Manuel López Rodríguez resultou gañador na segunda edición do Premio de Poesía Eduardo Pondal, que convoca a editorial coruñesa Medulia. En palabras do xurado, o libro "sobresae pola vontade anovadora no discurso" no que sinalan ao uso da intertextualidade e aos contidos metaliterarios. Así mesmo destaca o xurado a capacidade do autor para lograr un discurso coherente, "sen renunciar á dualidade de amor-rabia; vida-arte". Para o xurado o resultado é un "libro de poemas que se converte en literatura dentro da literatura." A editorial publicará proximamente a obra gañadora. Manuel López Rodríguez acadou o segundo premio o pasado ano no VIII Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel López Rodríguez, Manuel López Rodríguez, Manuel López, Poesía...