Javier Rodríguez faise co Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro

O xurado seleccionou o poemario Citerea como vencedor do premio de Mondoñedo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O ourensán Javier Rodríguez impúxose no VIII Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro que convoca o Concello de Mondoñedo. O seu poemario Citerea foi seleccionado polo xurado entre o cento de obras recibidas a concurso e reportaralle ao seu autor un premio en metálico de 1.500 euros. O xurado desta edición estivo formado por Aura Ramil, Armando Requeixo e Chema Felpeto.

O noiés Manuel López Rodríguez levou o segundo premio, dotado con 600 euros, polo libro A ferida, mentres o terceiro posto, de 300, levouno Branca Trigo con O heroe de vidro.
A entrega do premio desenvolverase o vindeiro 23 de novembro de 2019.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Leiras Pulpeiro, Poesía, Armando Requeixo, Concello de Mondoñedo...