Elvira Riveiro gaña o premio Leiras Pulpeiro de Poesía

O xurado recoñeceu o seu poemario Playlist para unha retirada

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Playlist para unha retirada é o título do poemario co que Elvira Riveiro acaba de gañar o IV Certame de Poesía Leiras Pulpeiro. O galardón, convocado polo concello de Mondoñedo, está dotado con 1.500 euros en metálico. Canda a ela, obtivo o segundo premio nesta edición a obra Sete sonetos e coda de Óscar García Ramos, que leva 600 euros. O terceiro posto, dotado con 300 euros, foi para A linguaxe das palabras rotas de Martiño Maseda.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Concello de Mondoñedo, Manuel Leiras Pulpeiro

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares