A Biblioteca de Sixto Seco ficará na Cidade da Cultura

Os preto de 4.000 volumes serán catalogados nos vindeiros meses

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O fondo bibliográfico e documental do falecido médico e galeguista Agustín Sixto Seco estará dispoñible ao público na Cidade da Cultura. O conselleiro Xesús Vázquez asinaba esta mañá o acordo coa familia para constiuír o comodato polo que este material pasará a facer parte dos fondos da Biblioteca de Galicia e que se catalogará ao longo dos vindeiros meses. Trátase de máis de 4.000 volumes que inclúen mostras da edición galega de postguerra, especialmente de Galaxia, dición galega de postguerra, fondos da emigración galega, obras sobre Galicia e libros sobre todo tipo de temas. A nivel documental, o legado comprende o arquivo persoal de Sixto Seco así como fondos encol del, a incluír cartas, conferencias, discursos, entrevistas, artigos xornalísticos e notas.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Xesús Vázquez, Biblioteca de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia...