A Biblioteca de Galicia acollerá o legado bibliográfico de Arcadio López Casanova

Os fondos superan os 3.600 volumes e inclúen manuscritos do poeta

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Biblioteca de Galicia acollerá o legado bibliográfico de Arcadio López Casanova

Os fondos bibliográficos do escritor lugués Arcadio López-Casanova, falecido en 2022, ficarán en custodia da Biblioteca de Galicia. Este espazo situado na Cidade da Cultura, en Compostela, albergará a colección doada por María del Carmen Paramio, viúva do autor, e cifrada en 3.608 volumes, dos que 1.250 son de tema, autoría ou lingua galega. O legado inclúe desde volumes do século XVIII ata manuscritos e mecanoscritos das propias obras do poeta, e quedará a disposición do público logo da súa catalogación.

Canda a este recoñecemento, unha antoloxía do traballo deste autor verá a luz o vindeiro mes de xullo no marco da Festa da Palabra que organiza a Fundación Insua dos Poetas. Tamén a Xunta de Galicia anunciou para 2024 un volume que compilará a produción dispersa do que foi un dos principais renovadores da poesía galega nos anos 70.

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Biblioteca de Galicia, Arcadio López Casanova, Lingua galega, Poesía...