A USC recibe a biblioteca persoal de Valle-Inclán

Inclúe 5000 volumes posuídos polo autor

A USC deu conta onte da entrega de moito do legado persoal de Ramón del Valle-Inclán, cedido pola familia do xenial escritor. Ademáis da biblioteca persoal do escritor, que consta de 5000 volumes dos que 600 están asinados por outros escritores, o legado inclúe o arquivo familiar, documentación sobre representacións teatrais, traducións, coleccións de recortes de prensa, programas de man das estreas teatrais do autor e outros documentos. A biblioteca, que xa se atopa en proceso de catalogación, será posta a disposición do persoal investigador.

Ligazóns