Nun día xa triste para a cultura galega polo pasamento do pintor Xulio Maside, confirmouse tamén hoxe o falecemento do escritor Arcadio López-Casanova (Lugo, 1942) aos 80 anos de idade. Poeta, crítico e teórico da literatura, Catedrático (excedente) de Ensino Medio e Profesor Titular de Literatura Española da Universitat de València. Arcadio López-Casanova estaba licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, para logo completar a súa carreira académica co título de Doutor en Filoloxía. López-Casanova foi académico de honra da Real Academia Galega.
Entre os seus recoñecementos obtidos están o Premio Nacional Universitario de Poesía 1962-63-64, Premio Noriega Varela 1967, Premio Menéndez Pidal 1974, Premio Adonais 1978, Premio da Crítica de Galicia á creación literaria 1983 e Premio Internacional de Poesía Ciudad de Melilla 1990. Alén do seu labor estritamente creativo, Arcadio López-Casanova é, así mesmo, un recoñecido ensaísta no ámbito dos estudos literarios, con traballos centrados na análise da obra de autores como Luís Pimentel e Rosalía de Castro, e outros de carácter teórico como 'El análisis estilístico' (1975) e 'El texto poético', de 1994. Obra poética de Arcadio López-Casanova: Sonetos da espranza presentida (1965); Palabra de honor (1967); Memoria dunha edá (1976); Mesteres (1976, edición completa, 1999); La oscura potestad (1979); Liturxia do corpo (1983); Antología personal (1987); Razón de iniquidad (1991); Noite do degaro (1994); Asedio de sombra (1997)
Durante os seu estudios na cidade compostelá entrou en contacto coas figuras máis relevantes do galeguismo da época, como Ramón Piñeiro, e comeza a publicar os seus primeiros escritos en xornais como La Noche ou La Voz de Galicia e a gañar numerosos premios nos certames poéticos organizados durante os Xogos Minervais. De volta na súa vila natal, traballa como docente no Colexio Fingoi, dirixido entón por Ricardo Carballo Calero, e publica, en 1967, o libro 'Palabra de honor', que o converte nun dos referentes da súa xeración poética. En 1968 trasládase, por razóns profesionais, a Valencia, onde traballa como catedrático de lingua e literatura española no ensino medio ata 1986, cando gaña praza como Profesor Titular de Filoloxía Hispánica na Universidade de Valencia. En 1976 publica o poemario 'Mesteres', considerada unha peza fundamental na renovación da linguaxe poética galega do seu tempo.