O Consello da Cultura Galega editará dous volumes que recollen a catalogación dos manuscritos da Catedral de Santiago

Memoria a man

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Até o de agora os manuscritos do arquivo e da biblioteca da Catedral que supoñen un enorme valor histórico e documental, eran difíciles de localizar e consultar. Agora ben, gracias ao compromiso do Consello da Cultura Galega (CCG) de colaborar coa catedral, acaba de presentarse a catalogación dese material. Un traballo de investigación que se editará en dous volumes que recollerán as 317 fichas catalográficas que abranguen desde o século XV ate o XIX (con algún texto do século XX). Alén diso, na presentación do traballo que tivo lugar no Arquivo da Catedral, o presidente do CCG, Alfonso Zulueta de Haz, reiterou a intención da institución de continuar a colaboración co arcebispado de Santiago.

Máis información no web do CCG

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Consello da Cultura Galega, Catedral de Santiago, Documental