Por mor da Lei Orgánica de Protección de Datos e polas diferentes condicións dos informantes, o novo portal establece diferentes niveis de acceso. Deste xeito, hai acceso libre ás fichas de 2.162 entrevistas, mentres o rexistro aberto no web facilita acceso a 70 fragmentos de audio e un aceso especÃfico para investigadores achega aos interesados a totalidade dos fondos dispoñibles. O proxecto, que recolle trinta anos de traballo dos grupos participantes, está aberto a novas achegas por parte do público.