Unha plataforma sonora para o coñecemento de Galicia (e do mundo)

O CCG publica a plataforma de podcasting Ágora, chea de conferencias e producións sonoras

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Unha plataforma sonora para o coñecemento de Galicia (e do mundo)

O Consello da Cultura Galega abriu hoxe o seu servizo de podcasts Ágora, un acceso temático a numerosos recursos sonoros da institución como conferencias e producións sonoras dramáticas. As conferencias están seleccionadas a partir das numerosas xornadas e eventos da institución, e distribuídas tematicamente para ofrecer contidos para diferentes intereses desde o punto de vista da formación, co coñecemento da sociedade contemporánea e do entretemento. O obxectivo é incrementar a oferta de contidos sonoros en lingua galega a través de voces e contidos de calidade. Ágora actualizarase periodicamente con máis conferencias e recursos sonoros do fondo do CCG máis producións propias, gravadas especificamente para formatos de podcasting, que se irán coñecendo nos vindeiros meses.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

A voz viva de Cunqueiro

A voz viva de Cunqueiro

O Arquivo Sonoro de Galicia achega á rede unha selección de fragmentos sonoros do mindoniense

O lugar das ideas

O lugar das ideas

O Consello da Cultura Galega renova a súa Mediateca web

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ágora, Lingua galega, Consello da Cultura Galega

Claves

Conceptos