A voz viva de Cunqueiro

O Arquivo Sonoro de Galicia achega á rede unha selección de fragmentos sonoros do mindoniense

25/1/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura

A coincidir cos actos de celebración do centenario de Álvaro Cunqueiro, o Consello da Cultura Galega acaba de publicar no seu web unha selección de rexistros sonoros do mindoniense. A partir dos fondos de atesoura o Arquivo Sonoro de Galicia, agora calquera ten a oportunidade de escoitar, entre outras pezas, a entrevista que lle fixo Margarida Ledo en 1973. Conferencias sobre os personaxes de Dante no Camiño de Santiago, as estruturas do mundo máxico galego ou a súa intervención cando foi nomeado Doutor Honoris Causa na Universidade de Santiago son outros fragmentos dispoñibles. Completan esta escolma os audios de conferencias de persoeiros como Fernández del Riego ou Filgueira Valverde encol do mindoniense.

Do mesmo ámbito

09/12/2010

Del Riego, a viva voz

Recuperamos gravacións do histórico galeguista da man do Arquivo Sonoro de Galicia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquivo Sonoro de Galicia, Álvaro Cunqueiro, Camiño de Santiago, Consello da Cultura Galega...