Cando Cunqueiro explicaba a cociña do imaxinario galego

O CCG sube tres novos audios do escritor mindoniense

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Cando Cunqueiro explicaba a cociña do imaxinario galego

O Consello da Cultura publicou hoxe no seu web unha nova entrega de Voces centenarias, o formato co que pon en valor recursos depositados no Arquivo Sonoro de Galicia. Desta volta, seleccionáronse tres audios de Álvaro Cunqueiro, un dos grandes literatos galegos do século XX. Na conferencia "Las estruturas del mundo mágico gallego", impartida en Bos Aires en 1967, Cunqueiro explica moitos dos elementos máxicos de Galicia, como as cidades mergulladas, os tesouros ou os soños. Nunha entrevista con RNE en 1968, recita os seus poemas e ofrécenos as claves da súa poesía. E nunha conferencia tamén do fondo de RNE e da segunda metade dos anos 60, ofrece un percorrido pola historia das xentes do Camiño de Santiago.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A voz viva de Cunqueiro

A voz viva de Cunqueiro

O Arquivo Sonoro de Galicia achega á rede unha selección de fragmentos sonoros do mindoniense

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Álvaro Cunqueiro, Poesía, Camiño de Santiago, Arquivo Sonoro de Galicia...