O CCG analiza a relación entre fotografía e pensamento

As xornadas celébranse hoxe no MARCO de Vigo

As xornadas celébranse hoxe no MARCO de Vigo
Afondar "desde a pluralidade de discursos, nalgunhas das ideas clave da natureza do medio fotográfico na actualidade. Cabería preguntarse o seguinte: cal é o estado da fotografía contemporánea?". A partir desta pregunta a Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega organiza hoxe e mañá as xornadas "Pensamento visual e fotografía" no Museo MARCO de Vigo. Deste xeito, o crítico de arte e profesor da Universidad Autónoma de Madrid Fernando Castro fala sobre a "Fotografía do pensamento. A verdade revelada" e ola tarde, os fotógrafos Paco Gómez e Manuel Vilariño falan sobre o seu traballo. Mañá será a quenda do escritor Antonio Ansón, a investigadora Rebecca Mutell e o fotógrafo Martí Llorens. A xornada rematará o venres pola tarde co director do MARCO Miguel Fernández-Cid, e os artistas Rosendo Cid, Andrea Costas e Mar Caldas. As xornadas retransmítense por streaming no web do CCG.