As axudas ao desenvolvemento audiovisual baixan aos 300.000 euros

A Axencia Galega das Industrias Culturais ten aberto o prazo de solicitude ata o 9 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia deste 9 de xuño publicaba as bases das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos. Esta liña de axudas conta en 2025 cun orzamento total de 300.000 mil euros, 140.000 menos do que no ano anterior, cando a Axencia Galega das Industrias Culturais ampliara o crédito previsto inicialmente para as mesmas.

As axudas cobren "o apoio ás tarefas previas á produción de proxectos galegos de longametraxes e series tanto de ficción, como de animación ou documentais", a incluír "traballos anteriores á rodaxe e relacionados co guión, asesorías ou consultarías, financiamento, venda e distribución, xestión de dereitos, investigación ou elaboración de materiais de promoción ou loxística para a participación en foros e mercados".

Orientadas a produtoras independentes, poden solicitalas empresas "cun ano de antigüidade e un ano de actividade sen interrupcións no momento da publicación da convocatoria, así como un acordo ou precontrato de dirección e/ou guión para a realización das tarefas de desenvolvemento", segundo indica a Xunta.

Cun prazo de solicitude aberto ata o 9 de xullo, o financiamento destina ata 30.000 euros para proxectos de longametraxes de animación e de series de ficción e animación, 25.000 euros para longas de ficción e 20.000 euros e 15.000 euros paras as series e longametraxes documentais, respectivamente.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Axencia Galega das Industrias Culturais, Animación, Documentais, Guión