Quiosco: Nalgures, número 23

O número aborda a historia do condado e fortificación de Ribadeo

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Castelo condal de Ribadeo desde a praza do Campo (ca. 1841). Imaxe: Nalgures, 23

Castelo condal de Ribadeo desde a praza do Campo (ca. 1841). Imaxe: Nalgures, 23

A concepción de Ribadeo como praza militar vinculada aos acontecementos políticos e bélicos desde o século XIV é o tema do monográfico da revista da Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia Nalgures no seu número 23. La villa de Ribadeo: una plaza fuerte en la costa de Galicia desde la Edad Media foi preparado por Alberto Paraje Méndez e José Manuel López Hermida. O monográfico detense na constitución institucional do condado de Ribadeo a partir da victoria dos Trastámara tralas guerras petristas do século XIV, os materiais bélicos localizados no porto e na vila ou a defensa de costeiro. O monográfico dedica unha amplo capítulo ao pouco coñecido nacemento do condado de Ribadeo e o seu primeiro titular, o mercenario normando Pierre Bègue de Villaines e o Ribadeo dese momento. O condado fora concedido por Enrique de Trastámara ao mercenario para reforzar e protexer ao seu partidario galego, o bispo de Mondoñedo, que xunto cos Andrade era practicamente o único apoio do Trastámara nunha Galicia maiormente petrista. O condado de Ribadeo permitiría reforzar a costa norte galega, xunto co nomeamento de Fernán Pérez de Andrade 'O Bóo' como alcalde de Viveiro.

Que che parece esta nova?
126 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ribadeo, Manuel López, Mondoñedo, Viveiro...

Claves

Protagonistas