Culturagalega.tv: o camiño do Norte

O trazado do norte centra o quinto capítulo da serie sobre o Camiño de Santiago

19/2/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Ribadeo é vila xacobea desde o comezo da tradición. E foi recalada dos peregrinos que chegan desde distintos portos europeos e desde Asturias ou Euskadi. San Francisco de Asís foi un dos viaxeiros máis coñecidos deste trazado que pasa por Ribadeo, Mondoñedo, a Terra Chá, a vila balnearia de Guitiriz ou o mosteiro de Sobrado dos Monxes para compartir o seu tramo final co Camiño Francés. Son algunhas das recaladas deste quinto capítulo da serie escrita e dirixida por Xerardo Rodríguez Os Camiños da Concordia. Camiños de Santiago.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ribadeo, Culturagalega, Camiño de Santiago, Camiño Francés...