O Xurés celebra unha xornada para coñecer as novidades arqueolóxicas da comarca

Está organizada pola Deputación de Ourense

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O Xurés celebra unha xornada para coñecer as novidades arqueolóxicas da comarca

Coñecer as novidades da investigación arqueolóxica no Xurés, e reunir a "institucións, investigadoras e investigadores, así como axentes culturais de ambos lados da fronteira, nun espazo de diálogo e intercambio arredor do patrimonio arqueolóxico común", é o obxectivo da xornada "Arqueoxurés: Xacementos que falan, unha viaxe ao pasado", organizada pola Deputación de Ourense con financiamento europeo do proxecto “Gerês-Xurés Mais Sustentável”. A xornada celebrarase o sábado 7 de xuño no balneario de Riocaldo (Xurés), e contará coa participación de Helena P. Abreu, da Universidade do Minho sobre "A Geira romana", Rebeca Blanco Rotea falando sobre a investigación arqueolóxica na paisaxe do Extremo (Arcos de Valdevez), Manuel Gago falará sobre a presenza campamental romana no Gerês-Xurés, Santiago Ferrer abordará as últimas investigacións no forte de Aquis Querquennis, Juan Manuel Galiña e Eduardo Breogán Nieto tratarán sobre as fortalezas medievais do val do Salas e rematarase co relatorio de Benito Vilas sobre o castelo de san Adrao (Lobeira).

Que che parece esta nova?
116 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Patrimonio da Biosfera

Patrimonio da Biosfera

Un proxecto analiza e divulga os bens materiais e inmateriais da Reserva da Biosfera do Xurés

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Ourense, Rebeca Blanco, Manuel Gago, Breogán...