Cando un forte romano volve á vida

Unha recreación de Aquis Querquernnis facilita a interpretación dos restos

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Recreación do forte romano de Aquis Querquernnis

Recreación do forte romano de Aquis Querquernnis

Onte foi presentada unha ambiciosa recreación virtual do forte romano de Aquis Querquernnis (Bande, Ourense), financiada polo proxecto #Gerês #Xurés Dinámico, unha iniciativa para posta en valor da Reserva da Biosfera Tranfronteiriza promovida pola Deputación de Ourense con fondos do programa europeo INTERREG. Trátase dunha recreación fidedigna dos edificios do forte romano, pero tamén da vida da guarnición militar que habitaba nel e as súas relacións coa poboación indíxena local. A través da combinación de modelos 3D e actores reais, os vídeos, con subtítulos en galego, castelán, inglés e portugués, permiten explorar os barracóns, a vía romana, o cuartel xeral, o hospital, os hórreos ou as portas de acceso. O proxecto complétase cun web con recursos educativos e unha app que permite a autovisita guiada do xacemento arqueolóxico, visualizando as recreacións in situ. No proxecto participaron empresas como Mystic Design e Vsion Studio co asesoramento da Universidade de Santiago de Compostela.

Os vídeos de recreación:

A Vía nova


As portas do forte


O hospital


Os horrea


O cuartel xeral


Os barracóns


Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugués, Deputación de Ourense, Universidade de Santiago de Compostela, Bande...