Un volume recolle as tradicións de Entroido no Gerês-Xurés

O Entroido na RBTGX: un patrimonio a preservar está dispoñible na rede

| Santiago. Redacción | Seccións: patrimonioEntroido
Compartir:
Un volume recolle as tradicións de Entroido no Gerês-Xurés

Un repaso polos diferentes entroidos tradicionais na Reserva da Biosfera Gerês-Xurés. Esta é a proposta do volume O Entroido na RBTGX: un patrimonio a preservar que presentou a Deputación de Ourense en colaboración coa entidade portuguesa Adere-Gerês. A obra que asinan Sergio Pereira Ibáñez e Daniel Añel Vázquez, é o resultado dun intenso traballo de campo etnográfico desenvolvido ao longo de 2025 nesta zona, cunha trintena de entrevistas e a gravación de pezas audiovisuais que se darán a coñecer durante este ano.

O volume que agora se presenta está dispoñible na rede e repasa as tradicións destas festividades como as Madamitas e Galáns de Entrimo, os Folleteiros de Lobios, os Troteiros de Bande ou os Cabreiros de Muíños, ademais de recoller manifestacións festivas da banda portuguesa, como os farrangalheiros de Castro Laboreiro, o pai velho de Lindoso, o carnaval de Tourém ou o entrudo de Pitões das Júnias, entre outros. 

Ademais das peculiaridades de cada lugar, a obra dá conta dos elementos comúns dos Entroidos, a atender á organización da festa, os seus espazos ou a evolución dos diferentes elementos que a compoñen. As entrevistas e gravacións realizadas no marco do proxecto foron depositadas para consulta na Biblioteca da Deputación de Ourense, no Museo do Pobo Galego e na Cidade da Cultura.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Patrimonio da Biosfera

Patrimonio da Biosfera

Un proxecto analiza e divulga os bens materiais e inmateriais da Reserva da Biosfera do Xurés

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Entroido, Deputación de Ourense, Museo do Pobo Galego, Lobios...