Pedras que controlan automaticamente o rego. Casas enmeigadas. Campamentos e termas romanas. O Couto Mixto. Máscaras de Entroido que comezan a saÃr do esquecemento. Danzas gremiais. A tradición do contrabando. A Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés mantén na súa un importante patrimonio material e inmaterial. Un ambicioso proxecto que se desenvolveu o pasado ano na parte galega deste territorio está a tirar luz sobre esta memoria.
"O proxecto naceu a raÃz dunha licitación da ConsellarÃa de Medio Ambiente", explica Óscar Senra desde a cooperativa MaOs. A convocatoria para "a contratación do servizo para o estudo, análise, diagnóstico, posta en valor e divulgación do patrimonio cultural material e inmaterial da reserva da biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés", segundo recolle do Diario Oficial de Galicia, preveÃa un orzamento de 75.776,25, dos cales un 80% procedÃa do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. "Presentámonos como Unión Temporal de Empresas canda a FeitorÃa Verde, e gañamos", sinala. A iniciativa "estaba inspirada nun proxecto similar, pero de máis alcance, que se realizara na Reserva da Biosfera de Montseny, en Cataluña. De xeito similar a aquela, o equipo apostou por "darlle unha perspectiva participativa e de memoria viva do patrimonio". É dicir, tentaron ver "como vive o patrimonio na memoria e ver o que os propios habitantes da zona consideraban importante". Precisamente esta orientación foi, segundo aseguraron os responsables da Reserva da Biosfera, a parte do proxecto que máis lles gustou á hora de fallar esta licitación.
A memoria viva
O proxecto desenvolveuse durante sete meses, que incluÃron pescudas bibliográficas, contactos preliminares, entrevistas con informantes e investigación na propia zona, asà obradoiros, gravacións e a elaboración de materiais. "En primeiro lugar fixemos a pescuda bibliográfica e contactamos cunha serie de expertos que nos serviron como asesores. Despois fomos de arriba para abaixo. Entrevistamos alcaldes e concelleiros e a través deles fomos establecendo contactos. Seguimos polo tecido asociativo e as comunidades de montes da zona e convocámolos a unha reunión colectiva. Alà xa desenvolvemos unha serie de dinámicas para explicar o proxecto", explica Senra.
Nos seus encontros e entrevistas, o equipo procurou "que a propia xente definise o que consideraban patrimonio da zona. Que elementos vÃan máis relevantes e cales lles gustarÃa salvagardar e potenciar". Foi pois coa colaboración dos veciños que se identificaron os obxectos do traballo e se foron establecendo novos contactos. "Fomos localizando unha serie de axentes chave que nos proporcionasen información máis fondo dos diferentes elementos. Tentamos lles facer entrevistas individuais, pero ás veces acababamos entrevistando a varios veciños e veciñas que se xuntaban, ou que estaban a cocer o pan ao tempo no forno comunal ou a grupos de mulleres que se reunÃan". Deste xeito, realizáronse un total de 55 entrevistas, individuais e colectivas, con preto de 130 persoas.
Descubrir
Este modelo de traballo permitiulles, segundo recoñecen desde MaOs, acceder a elementos nos que non terÃan reparado se optasen por outras vÃas. "Teriamos perdido o inmenso patrimonio material que existe no marco desta Reserva da Biosfera. Hai unha enorme riqueza a nivel de lendas, remedios ou usos tradicionais. Atopamos cousas estupendas que non localizamos en ningunha publicación sobre a zona, como a lenda sobre cando se levaba os vellos a morrer no monte, receitas de cociña absolutamente descoñecidas ou moitos microtopónimos, entre os que hai unha grande cantidade de nomes de rochas". O equipo descubriu asà que os informantes, de xeito habitual "falaban dos oficios e do traballo, pero sempre saÃan tamén as festas, o divertimento ou as lendas que se contaban", sinala Senra.
Na súa abordaxe ao patrimonio, o equipo de MaOs e FeitorÃa Verde salientou de xeito particular os traballos e as propiedades comunais que abondan neste espazo. "HabÃa unha organización forte. Na zona sempre destacou o xeito de se coordinar para levar o gando a noite, a veceira. É algo tÃpico que tamén se dá noutras zonas de montaña". Canda a esta, tarefas como a malla ou a xestión dos muÃños, habituais por todo o paÃs, mestúranse con outras menos comúns como pode ser a crÃa colectiva de bois de chega, a construción e mantemento de levadas para a auga ou a xestión dos fornos . É claro que para alén da peculiaridades que poida presentar, a zona mantén unha grande cantidade de elementos comúns con todo o paÃs. "A organización das quendas dos muÃños ou o xeito no que se facÃan en común os traballos no campo son similares". En particular, "atopamos semellanzas con outras zonas de montaña, como toda a banda do sur de Ourense, O Courel ou os Ancares", explica Óscar Senra. "O xeito de xestionar a auga a diferentes alturas, as levadas, son tamén habituais destas áreas".
O estado
A situación deste patrimonio, no entanto, dista de ser óptima. Por unha banda, hai elementos do patrimonio material que se atopan en bo estado de conservación. "Grazas ao Parque Natural do Xurés houbo durante un tempo, fondos para restaurar muÃños, canastros e outro patrimonio e recuperáronse bastantes", explica Senra. Tempo despois de que eses fondos desaparecesen, é o traballo dos veciños os que, na maior parte dos casos, permite que se conserven estas construcións. "Hai lugares onde restauraron canastros ou fornos comunais, e en algúns, como en Puxedo, celebran unha festa sobre o ciclo do pan. Tamén na Pereira ou en Bande traballan nesta liña, e mediante asociacións e traballo veciñal están a manter este patrimonio". Fronte a isto, os resultados do traballo alertan sobre o risco de desaparición dun importante patrimonio inmaterial. "A memoria, as lendas, os contos ou mesmo a lingua da zona, está a esmorecer. Hai un despoboamento importante e non se dá relevo xeracional. Mesmo xente que traballa na zona non vive xa alÃ".
Entroido
Un dos ámbitos que se manteñen en maior medida é o Entroido. "Relaciónase coa festa e coa alegrÃa e resulta máis sinxelo de recuperar. Creáronse asociacións, contactouse con outros lugares, vaise a encontros e iso dá ánimos tamén", lembra Senra. Coa recuperación dos Troteiros de Bande como iniciativa pioneira, hai asociacións a traballar a prol outras máscaras como as madamitas e galáns de Entrimo, "onde son sobre todo as mulleres as que están a traballar para que volvan á vida". A última máscara que tenta resucitar é ao Cabreiro de MuÃños. "Fixeron obradoiros nos centros de ensino e moita xente elaborou o seu traxe. E de ter un só conservado no Concello, agora hai case corenta. Este último ano saÃron por vez primeira a pasear con eles no Entroido".
Divulgación
Como resultado de todo este traballo, o equipo realizou dous audiovisuais, o documental Patrimonio habitado e mais a presentación do traballo de campo De porta en porta. Ademais, publicouse un libro no que recollen as arredor de 150 fichas de elementos patrimoniais, a recoller descricións, estado, bibliografÃa, e outros contidos, asà como varios artigos sobre a cultura local. Tamén desenvolveron unha guÃa turÃstica, sinalizaron tres rutas que percorren elementos patrimonais da zona, publicaron un mapa e mesmo fixeron reconstrucións en tres dimensión de diferentes pezas e visitas virtuais, orientadas a unha futura web. Ademais, desenvolveuse unha intensa campaña de comunicación en redes sociais que deu os seus froitos. "O Facebook permitiunos contactar con moita xente orixinaria do Xurés que non vive alÃ. Desde diferentes puntos de Europa e América recibimos mensaxes de xente que recoñecÃa a quen aparecÃa nas fotografÃas e vÃdeos que puñamos na rede. Xerouse unha dinámica moi interesante", lembran desde MaOs. Por se fose pouco, os alumnos da comarca amosaron a súa visión do patrimonio local en bandas deseñadas que tamén se editaron.
Dinamización pola memoria
Ademais dos resultados a nivel de coñecemento sobre o patrimonio que se obtiveron deste proxecto, a iniciativa Patrimonio Habitado deu tamén nunha importante dinamización cultural da área. "Con esta iniciativa púxose en común o traballo de persoas que estaban a traballar por separado da zona. Organizamos unhas xornadas no Xurés para pechar o proxecto en marzo e alà xuntouse moita xente de diferentes concellos, e resultou un catalizador. Meses despois houbo xente que nos comentou que grazas a esta iniciativa atoparon outras persoas con gana de facer cousas, sentÃronse recoñecidos polo seu patrimonio e o seu traballo, e déronlle un novo pulo".
Pendentes
Fica pendente agora a difusión, por parte da ConsellarÃa de Medio Ambiente, do material que se desenvolveu no marco deste proxecto. Ademais, segundo apunta Senra, queda tamén moito por investigar na zona. "GustarÃanos traballar a relación do ser humano coa paisaxe, que é o eixe que define unha Reserva da Biosfera. Ver a memoria da paisaxe, as transformacións que houbo e como nos gustarÃa que fose. Por exemplo, antes habÃa moitos prados e hoxe hai unha reforestación tremenda de piñeiros e unha infestación de acacias en terreos abandonados. Logo está tamén o tema dos encoros que provocaron un tremendo impacto na zona e que aparecÃan constantemente nas entrevistas".
Descobre dez tesouros da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés."O proxecto naceu a raÃz dunha licitación da ConsellarÃa de Medio Ambiente", explica Óscar Senra desde a cooperativa MaOs. A convocatoria para "a contratación do servizo para o estudo, análise, diagnóstico, posta en valor e divulgación do patrimonio cultural material e inmaterial da reserva da biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés", segundo recolle do Diario Oficial de Galicia, preveÃa un orzamento de 75.776,25, dos cales un 80% procedÃa do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. "Presentámonos como Unión Temporal de Empresas canda a FeitorÃa Verde, e gañamos", sinala. A iniciativa "estaba inspirada nun proxecto similar, pero de máis alcance, que se realizara na Reserva da Biosfera de Montseny, en Cataluña. De xeito similar a aquela, o equipo apostou por "darlle unha perspectiva participativa e de memoria viva do patrimonio". É dicir, tentaron ver "como vive o patrimonio na memoria e ver o que os propios habitantes da zona consideraban importante". Precisamente esta orientación foi, segundo aseguraron os responsables da Reserva da Biosfera, a parte do proxecto que máis lles gustou á hora de fallar esta licitación.
A memoria viva
O proxecto desenvolveuse durante sete meses, que incluÃron pescudas bibliográficas, contactos preliminares, entrevistas con informantes e investigación na propia zona, asà obradoiros, gravacións e a elaboración de materiais. "En primeiro lugar fixemos a pescuda bibliográfica e contactamos cunha serie de expertos que nos serviron como asesores. Despois fomos de arriba para abaixo. Entrevistamos alcaldes e concelleiros e a través deles fomos establecendo contactos. Seguimos polo tecido asociativo e as comunidades de montes da zona e convocámolos a unha reunión colectiva. Alà xa desenvolvemos unha serie de dinámicas para explicar o proxecto", explica Senra.
Nos seus encontros e entrevistas, o equipo procurou "que a propia xente definise o que consideraban patrimonio da zona. Que elementos vÃan máis relevantes e cales lles gustarÃa salvagardar e potenciar". Foi pois coa colaboración dos veciños que se identificaron os obxectos do traballo e se foron establecendo novos contactos. "Fomos localizando unha serie de axentes chave que nos proporcionasen información máis fondo dos diferentes elementos. Tentamos lles facer entrevistas individuais, pero ás veces acababamos entrevistando a varios veciños e veciñas que se xuntaban, ou que estaban a cocer o pan ao tempo no forno comunal ou a grupos de mulleres que se reunÃan". Deste xeito, realizáronse un total de 55 entrevistas, individuais e colectivas, con preto de 130 persoas.
Descubrir
Este modelo de traballo permitiulles, segundo recoñecen desde MaOs, acceder a elementos nos que non terÃan reparado se optasen por outras vÃas. "Teriamos perdido o inmenso patrimonio material que existe no marco desta Reserva da Biosfera. Hai unha enorme riqueza a nivel de lendas, remedios ou usos tradicionais. Atopamos cousas estupendas que non localizamos en ningunha publicación sobre a zona, como a lenda sobre cando se levaba os vellos a morrer no monte, receitas de cociña absolutamente descoñecidas ou moitos microtopónimos, entre os que hai unha grande cantidade de nomes de rochas". O equipo descubriu asà que os informantes, de xeito habitual "falaban dos oficios e do traballo, pero sempre saÃan tamén as festas, o divertimento ou as lendas que se contaban", sinala Senra.
Na súa abordaxe ao patrimonio, o equipo de MaOs e FeitorÃa Verde salientou de xeito particular os traballos e as propiedades comunais que abondan neste espazo. "HabÃa unha organización forte. Na zona sempre destacou o xeito de se coordinar para levar o gando a noite, a veceira. É algo tÃpico que tamén se dá noutras zonas de montaña". Canda a esta, tarefas como a malla ou a xestión dos muÃños, habituais por todo o paÃs, mestúranse con outras menos comúns como pode ser a crÃa colectiva de bois de chega, a construción e mantemento de levadas para a auga ou a xestión dos fornos . É claro que para alén da peculiaridades que poida presentar, a zona mantén unha grande cantidade de elementos comúns con todo o paÃs. "A organización das quendas dos muÃños ou o xeito no que se facÃan en común os traballos no campo son similares". En particular, "atopamos semellanzas con outras zonas de montaña, como toda a banda do sur de Ourense, O Courel ou os Ancares", explica Óscar Senra. "O xeito de xestionar a auga a diferentes alturas, as levadas, son tamén habituais destas áreas".
O estado
A situación deste patrimonio, no entanto, dista de ser óptima. Por unha banda, hai elementos do patrimonio material que se atopan en bo estado de conservación. "Grazas ao Parque Natural do Xurés houbo durante un tempo, fondos para restaurar muÃños, canastros e outro patrimonio e recuperáronse bastantes", explica Senra. Tempo despois de que eses fondos desaparecesen, é o traballo dos veciños os que, na maior parte dos casos, permite que se conserven estas construcións. "Hai lugares onde restauraron canastros ou fornos comunais, e en algúns, como en Puxedo, celebran unha festa sobre o ciclo do pan. Tamén na Pereira ou en Bande traballan nesta liña, e mediante asociacións e traballo veciñal están a manter este patrimonio". Fronte a isto, os resultados do traballo alertan sobre o risco de desaparición dun importante patrimonio inmaterial. "A memoria, as lendas, os contos ou mesmo a lingua da zona, está a esmorecer. Hai un despoboamento importante e non se dá relevo xeracional. Mesmo xente que traballa na zona non vive xa alÃ".
Entroido
Un dos ámbitos que se manteñen en maior medida é o Entroido. "Relaciónase coa festa e coa alegrÃa e resulta máis sinxelo de recuperar. Creáronse asociacións, contactouse con outros lugares, vaise a encontros e iso dá ánimos tamén", lembra Senra. Coa recuperación dos Troteiros de Bande como iniciativa pioneira, hai asociacións a traballar a prol outras máscaras como as madamitas e galáns de Entrimo, "onde son sobre todo as mulleres as que están a traballar para que volvan á vida". A última máscara que tenta resucitar é ao Cabreiro de MuÃños. "Fixeron obradoiros nos centros de ensino e moita xente elaborou o seu traxe. E de ter un só conservado no Concello, agora hai case corenta. Este último ano saÃron por vez primeira a pasear con eles no Entroido".
Divulgación
Como resultado de todo este traballo, o equipo realizou dous audiovisuais, o documental Patrimonio habitado e mais a presentación do traballo de campo De porta en porta. Ademais, publicouse un libro no que recollen as arredor de 150 fichas de elementos patrimoniais, a recoller descricións, estado, bibliografÃa, e outros contidos, asà como varios artigos sobre a cultura local. Tamén desenvolveron unha guÃa turÃstica, sinalizaron tres rutas que percorren elementos patrimonais da zona, publicaron un mapa e mesmo fixeron reconstrucións en tres dimensión de diferentes pezas e visitas virtuais, orientadas a unha futura web. Ademais, desenvolveuse unha intensa campaña de comunicación en redes sociais que deu os seus froitos. "O Facebook permitiunos contactar con moita xente orixinaria do Xurés que non vive alÃ. Desde diferentes puntos de Europa e América recibimos mensaxes de xente que recoñecÃa a quen aparecÃa nas fotografÃas e vÃdeos que puñamos na rede. Xerouse unha dinámica moi interesante", lembran desde MaOs. Por se fose pouco, os alumnos da comarca amosaron a súa visión do patrimonio local en bandas deseñadas que tamén se editaron.
Dinamización pola memoria
Ademais dos resultados a nivel de coñecemento sobre o patrimonio que se obtiveron deste proxecto, a iniciativa Patrimonio Habitado deu tamén nunha importante dinamización cultural da área. "Con esta iniciativa púxose en común o traballo de persoas que estaban a traballar por separado da zona. Organizamos unhas xornadas no Xurés para pechar o proxecto en marzo e alà xuntouse moita xente de diferentes concellos, e resultou un catalizador. Meses despois houbo xente que nos comentou que grazas a esta iniciativa atoparon outras persoas con gana de facer cousas, sentÃronse recoñecidos polo seu patrimonio e o seu traballo, e déronlle un novo pulo".
Pendentes
Fica pendente agora a difusión, por parte da ConsellarÃa de Medio Ambiente, do material que se desenvolveu no marco deste proxecto. Ademais, segundo apunta Senra, queda tamén moito por investigar na zona. "GustarÃanos traballar a relación do ser humano coa paisaxe, que é o eixe que define unha Reserva da Biosfera. Ver a memoria da paisaxe, as transformacións que houbo e como nos gustarÃa que fose. Por exemplo, antes habÃa moitos prados e hoxe hai unha reforestación tremenda de piñeiros e unha infestación de acacias en terreos abandonados. Logo está tamén o tema dos encoros que provocaron un tremendo impacto na zona e que aparecÃan constantemente nas entrevistas".
Avance do Estudo sobre o patrimonio cultural da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés