O parque limiao do Xurés e trasmontano de Peneda-Gerês uniranse na maior reserva da biosfera de Europa

Borrar un anaco da raia

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
A importancia natural da zona do Xurés, na Baixa Limia, coñecida pola banda portuguesa coma Gerês, fora recoñecida ata o momento coa creación dun parque a cada banda da raia. Agora, segundo o plan estratéxico da Consellaría de Medio Ambiente, o Parque Natural do Xurés e o Parque Nacional de Peneda-Gerês uniranse na figura de Reserva Internacional da Biosfera Xurés-Gerês, auspiciada pola UNESCO. A área así formada constituirá, con cen mil hectáreas, a maior reserva deste tipo existente en Europa.

Máis información en La Voz de Galicia e en La Región

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Limia, Europa, Consellaría de Medio Ambiente, La Región...