O Xurés formará parte da Reserva da Biosfera

Anunciouno o Secretario de Estado de Medio Rural e Auga

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Josep Puxeu, secretario de Estado e Medio Rural e Auga, anunciou o mércores na clausura da xuntanza do Comité Científico Español do programa Home e Biosfera da UNESCO que o parque natural do Xurés-Gerês formará parte da Reserva da Biosfera. O novo parque natural incluirá varias zonas de Reserva Integral nas que se priorizará a conservación do contorno. A denominación Reserva da biosfera foi establecida pola UNESCO de acordo co concepto de "desenvolvemento sostible". Non só se trata de protexer o medio, senón de harmonizalo co desenvolvemento económico e humano.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medio Rural, UNESCO

Claves

Entidades