Acordos con Asturias e Portugal permiten o desenvolvemento conxunto de espazos protexidos

Natureza sen fronteiras

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Un plan de desenvolvemento conxunto para a Reserva da Biosfera do Eo, Oscos e Terras de Burón. Esta é a proposta que fixeron esta fin de semana o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño e mais o seu homólogo asturiano, Vicente Álvarez Areses. A produción agraria ecolóxica, o sector forestal e os oficios tradicionais serán algúns dos eixes para mellorar as condicións de vida dos habitantes destes espazos. Ao tempo, un acordo entre os Ministerios de Medio Ambiente de España e Portugal abría, tamén esta fin de semana, a porta a accións de divulgación conxunta sobre o Parque Transfronteirizo Gerês-Xurés, que pretende converterse no maior parque natural europeo.

Máis información sobre a Reserva da Biosfera en Galicia Hoxe e nos nosos arquivos; sobre o proxecto de Gerês-Xurés en La Voz de Galicia, en La Región e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugal, Culturagalega, Asturias, Natureza...