A controversia volve acompañar o proceso de desenvolvemento do Plan Integral para a Danza. A Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) convocaba o pasado dÃa 27 de maio a diferentes representantes do sector da danza a unha xuntanza para a avaliación conxunta do cumprimento das medidas do Plan. A esta reunión estaban convocados, segundo a axencia, representantes de todo o sector, das compañÃas de danza, salas, danza tradicional, festivais, programadores e escolas de danza. Neste convite incluÃase tamén á Asociación de Profesionais de Artes do Movemento de Galicia (PAM), malia que eles xa fixeron públicas as súas desavinzas co citado Plan e o seu desenvolvemento ata o punto de terse desvinculado totalmente del xa en abril de 2023 ao considerar naquel momento que o plan non estaba a cumprir "unhas condicións mÃnimas para o verdadeiro apoio e impulso da danza en Galicia, e comina á administración a tomar medidas reais e efectivas". Agora, por medio dun novo comunicado a PAM anunciou que non Ãa asistir a esta reunión de avaliación e reclama da administración un maior grao de transparencia neste proceso.
Segundo a PAM, reclamaron xa en outubro un informe sobre os avances do PID, que concretase de xeito detallado "as medidas realizadas ata o momento, cos orzamentos asociados a cada unha; os obxectivos perseguidos en cada acción; os criterios de avaliación empregados e a previsión orzamentaria e de actuacións para os vindeiros anos". Ademais a PAM pon en dúbida o grao de cumprimento do Plan que está a transmitir a Agadic. En resposta a esta situación a axencia gobernamental declarase en desacordo coas acusacións de falta de transparencia "por canto, -explican- coa convocatoria, a todas as persoas se lles mandou a documentación, mais tratándose dunha avaliación que se fai conxuntamente, algunha información dos temas que se Ãan tratar non se entregou previamente, pois doutro xeito non terÃa sentido facer a reunión". Respecto á propia reunión, Agadic asegura que a mesma "transcorreu con normalidade, propoñendo algunhas cousas e xurdindo outras, que agora iremos recompilando e cando estean listas remitiremos xunto coa acta provisional para que as persoas presentes fagan alegacións e se aprobe na vindeira xuntanza, ao igual que se fixo coa reunión do ano pasado". Ao respecto do grao de cumprimento do PID, a Axencia asegura que na reunión acordouse que "hai 32 medidas executadas das 35 e 3 en trámite".