O Plan Integral da Danza en Galicia iniciou o camiño cara á súa materialización cunha primeira reunión de traballo á que asistiron representantes de colectivos, compañías, festivais e espazos escénicos elixidos e convocados pola Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic). Ademais do director da Axencia, Jacobo Sutil, asistiron a esta xuntanza Diego Meizoso por Escena Galega, Cristina Vilariño e Ania González pola Plataforma de Afectadas polo Centro Coreográfico Galego (PACCG), Quique Peón por Xacarandaina, Pedro Fresneda por Teatro Ensalle, Marta Alonso polo festival Corpo(á)Terra e Paulo Rodríguez polo Teatro Rosalía Castro da Coruña.
A Consellería de Cultura e Turismo elaborou para esta primeira mesa de traballo un documento a partir do que iniciar este proceso cara á redacción final dun Plan Integral para a Danza, co que se quere dar resposta as necesidades deste sector en Galicia. Segundo comunicado da propia Consellería os seus obxectivos prioritarios serán "dar a coñecer todos os recursos existentes do sector e afondar nas súas potencialidades, impulsando a investigación e a reflexión; apoiar e impulsar o talento e o proceso creativo; fortalecer a industria cultural arredor da danza; e estender a súa produción, distribución e difusión por todo o territorio galego, propiciando a creación de novos públicos". Tamén se enumeran como finalidades "fomentar a proxección exterior das compañías galegas, canalizar accións que potencien o ámbito formativo e deseñar medidas que favorezan unha maior colaboración entre as administracións e todos os axentes implicados no sector". O comunicado non fai referencia en ningún aspecto ao relativo en concreto ao Centro Coreográfico Galego, dependente da administración.
Reivindacións da PACCG
Neste sentido a PACCG (Plataforma de Afectadas Polo Centro Coreográfico Galego), que aglutina máis de 277 profesionais, compañías e entidades da danza, fixo público tras da reunión, un comunicado propio no que deron conta reivindicacións que levaron á reunión e das súas impresións tras desta. Para esta plataforma non se deu un compromiso firme por parte da Agadic: "nin en relación á renuncia á fusión do Departamento de Música e Danza dentro da organización da propia Axencia pública, nin á recuperación da autonomía e capacidade do Centro Coreográfico Galego, cuestións sobre as que a dirección da Agadic non deu un pronunciamento claro durante o encontro", segundo os representantes da PACCG. Na reunión a Plataforma trasladou aos presentes a necesidade de ampliar a representación do sector na Mesa de Traballo, dando entrada a outros axentes cuxa presenza fora descartada pola Axencia convocante. A petición da PACCG, atopou consenso xeral entre as axentes asistentes á mesa, e a AGADIC comprometeuse a acadar un procedemento máis amplo de participación do sector, e que este se realice coas máximas as garantías de acceso, representatividade e transparencia.
A Plataforma continuará apostando pola mobilización do sector para seguir defendendo a vía da transparencia e da participación na construción e definición das políticas públicas. En paralelo o proceso de redacción do documento final continuará nas vindeiras semanas coa convocatoria das posteriores mesas de traballo nos seguintes ámbitos específicos: creación e produción, distribución e difusión, formación, así como a que se destinará a debater, avaliar e consensuar o documento final que lle dará forma ao Plan Integral para a Danza de Galicia. Como punto de partida, o director da Agadic asumiu, ademais, o compromiso de adecuar, tanto na parte económica como de persoal, as dotacións de Agadic para materializar os programas e accións resultado destas xuntanzas, no horizonte de desenvolvemento do plan.