Profesionais da danza únense na Plataforma Artes do Movemento

O núcleo da Plataforma de Afectadas polo Centro Coreográfico Galego crea esta ferramenta de representación do sector

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

A danza e as artes do movemento teñen un novo interlocutor en Galicia coa creación da Plataforma Artes do Movemento, un colectivo que xorde como consecuencia da Plataforma de Afectadas polo Centro Coreográfico Galego, unha causa activada en xuño de 2019 e que reuniu centos de apoios e asinantes en defensa do CCG. O núcleo activador e coordinador daquela causa, que se autodenominou o “Coro” aglutinou a un conxunto de profesionais que, a partir desta experiencia, deciden evolucionar cara a PAM, da que agora mesma toman parte case trinta nomes moi recoñecibles da danza en Galicia. Segundo os seus obxectivos a PAM pretende atender e coidar un ámbito de acción que, incorporando no seu seo a causa da PACCG, vai máis alá da mesma: a defensa e desenvolvemento de condicións, políticas e contextos para a creación, a investigación e a difusión das artes do movemento en Galicia. O novo colectivo apunta á consecución dunha lei de dereitos culturais.

Na súas pretensión interlocutora do sector a PAM busca poñer o experiencia e capacidade de traballo atesourados polos profesionais que a conforman ao servizo da institución e dos equipos responsables e técnicos das políticas, programas e accións relativas á danza e ás artes do movemento promovidas desde as institucións públicas para participar activamente na mellora das liñas existentes e achegar novas propostas. En especial, neste momento da Covid19, a PAM buscará facer traslado á administración da información sobre a situación do sector da que dispoñen así como das necesidades que teñen e das situación das profesionais da danza e dos proxectos de promoción da danza. A PAM non deixará de lado as reclamacións postas sobre a mesa pola súa plataforma matriz sobre o funcionamento do Centro Coreográfico Galego.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Centro Coreográfico Galego, Consello da Cultura Galega