A creación do Plan Integral para a Danza de Galicia ven de chegar á súa fase IIIª, abrindo o proceso de participación cidadá. Deste xeito, a web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica na súa páxina web un correo e un formulario participativo a través do que todas as persoas interesadas poderán realizar suxestións sobre o sector cultural da danza ata o vindeiro 22 de marzo. Este Plan Integral, presentado como proxecto o pà sado ano pola administración autonómica pretende dar resposta aos principais retos do sector, asà como sentar a base para o desenvolvemento de actuacións e medidas de mellora consensuadas. Asemade, activouse un equipo de coordinación constituÃdo por representantes da administración, artistas, festivais, compañÃas, espazos públicos e privados.O seu cometido é determinar as actuacións necesarias para adecuar a danza ás necesidades reais do contexto galego, e fixar estratexias conxuntas que melloren a situación futura. O Plan consta de oito fases ata a súa aprobación e outra fase de revisión periódica posterior. Unha vez recollidas as achegas previas da cidadanÃa a través do formulario activado hoxe, manteranse os encontros dos grupos de traballo coa previsión de dispoñer dun primeiro borrador do Plan no outono, que se abrirá novamente á participación cidadá a través do prazo de alegacións, e aprobar o documento a finais deste ano.
A necesidade do Plan Integral para a Danza en Galicia foi unha das reclamacións que xurdiron da xornada O estado da danza en Galicia organizada polo Consello da Cultura Galega en xaneiro de 2020. Xunta a esta, nas conclusión publicadas posteriormente estaban tamén outras dirixidas á recuperación do papel "de núcleo de referencia e promoción da danza" do Centro Coreográfico Galego, da Agadic, dotando a este organismo "con recursos suficientes para o cumprimento dos estatutos da Agadic" asà como a recuperación do posto de dirección dese centro.