Lucía Veiga é a nova presidenta da Academia Galega do Audiovisual

A entidade presentou unha directiva con ampla presenza feminina

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Lucía Veiga. Fonte: Academia Galega do Audiovisual

Lucía Veiga. Fonte: Academia Galega do Audiovisual

A Academia Galega do Audiovisual daba a coñecer este 30 de maio a composición da súa nova xunta directiva. A actriz Lucía Veiga presidirá a entidade ao longo dos vindeiros dous anos, sendo a terceira muller que ocupa o cargo.

Canda a ela, incorpóranse a este órgano como vogais a maquilladora e perruqueira Fani Mosqueira, o director de produción Javi Lopa, e os produtores Sara Horta e Xosé Manuel Barreira. Recuncan na directiva, tamén como vogais, as actrices e directoras Carmen Méndez e Saamira Ganay, a directora e produtora Anxos Fazáns, a script e produtora Alba Gallego e o distribuidor e exhibidor Milo Baños.

Segundo apunta a entidade, "o novo equipo aposta por un audiovisual galego máis diverso, seguro e integrador, e traballará co obxectivo de seguir facendo da Academia un punto de encontro para todo o sector audiovisual".

Que che parece esta nova?
148 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Academia Galega do Audiovisual, Carmen Méndez, Anxos Fazáns