Por unanimidade, a Asociación Galega de Editoras escolleu este 19 de decembro a súa nova xunta directiva. Miguel Toval, responsable de Edicións Embora, colle a remuda na presidencia desta entidade a substituÃr a Henrique Alvarellos logo de catro anos de mandato. A candidatura de Toval foi a única que se presentou á elección, e incorpora membros da anterior etapa canda a dúas incorporacións.
Canda a Toval, compoñen a nova directiva Fran Alonso, de Xerais, como Vicepresidente, Paz Castro, de Kalandraka, no posto de secretaria, Ana Guerra, de Obradoiro, a desempeñar as funcións da tesourarÃa, e como vogais Edurne Baines de Belagua, Celia Recarey, de Irmás Cartoné, Henrique Alvarellos, de Alvarellos Editora, e Marcos Calveiro, da editorial Galaxia.
Entre as liñas de traballo que propón o equipo destaca a aposta por mellorar o Ãndice de lectura de obras en galego, definir unha estratexia de internacionalización para a industria, e concretar en medidas especÃficas a declaración do libro galego como sector estratéxico.
A directiva saÃnte destacou do seu mandato a incorporación de novas firmas á asociación, ata chegar ás 47. Canda a isto, lembrou as conmemoracións do centenario da edición moderna en Galicia e dos corenta anos da propia AGE, o desenvolvemento de accións formativas para o sector e a colaboración con outras entidades do sector do libro como logros destacados.