A Academia Galega da LÃngua Portuguesa daba a coñecer este 8 de xullo a remuda que efectuou na súa xunta directiva. A entidade escolleu o profesor, escritor e sociolingüista António Gil Hernández como novo presidente desta entidade. Canda a el, pasan a ocupar as vicepresidencias da entidade Concha Roussia e Rudesindo Soutelo.
Ângelo Cristóvão Angueira desempeñará o cargo de tesoureiro e Pedro Emilio Casteleiro López será o secretario, con Maria Seoane Dovigo como vice-secretaria. A estes nomes súmase o de Joám Trilho como responsable do arquivo e da biblioteca e os de Antia Cortizas Leira e Mário Herrero Valeiro como vogais da institución.
Gil, que substitúe no cargo a Rudesindo Soutelo logo de oito anos, é o terceiro presidente desta institución creada en 2008. Como un dos pioneiros do movemento reintegracionista no noso paÃs, fixo parte da Delegação da Comissão Galega do Acordo Ortográfico na xuntanza que se celebrou en Lisboa en 1990 para elaborar o Acordo Ortográfico da LÃngua Portuguesa.
Profesor universitario e de ensino secundario, desenvolveu unha importante produción ensaÃstica sobre a lingua e a literatura, con obras como Que galego na escola? Tese reintegracionista (1984, con Maria das Dores Arribe Dopico e Joám Carlos Rábade Castinheira); Silêncio ergueito (1996), Temas de LinguÃstica PolÃtica (2006), João Vicente Biqueira. Obra seleta (2011), ou Solilóquio com Manuel Maria (2018). AÃnda neste 2024 daba a coñecer a súa obra Johán Vicente Viqueira. João Vicente Biqueira (1924-2024). Poemas e Ensaios. Canda a estes tÃtulos publicou tamén diferentes obras de poesÃa e contos.