Co apoio do 87 por cento dos votos emitidos na asemblea xeral que se celebrou o pasado sábado, a Associaçom Galega da LÃngua renovou a súa xunta directiva. Eduardo Maragoto, profesor de português na Escola de Linguas de Compostela, desempeñará o cargo de presidente da entidade reintegracionista ao longo dos vindeiros catro anos. Canda a el, participan no órgano de goberno da asociación Carlos Quiroga como vicepresidente, Eliseu Mera no posto de secretario, José Calleja de tesoureiro e mais Susana Sánchez Arins, Jon Amil, Ricardo Gil e Xico Bugueiro con funcións de vocais. A limitación de mandatos que establecen os estatutos deu nunha ampla renovación da directiva, na que só repiten dúas persoas, mais que se presentou como "continuadora" do traballo do anterior equipo.
A candidatura gañadora presentouse cun programa baseado no desenvolvemento da Lei para o aproveitamento da lingua portuguesa e vÃnculos coa Lusofonia, coñecida como Lei Paz Andrade, o fomento do recoñecemento entre identidade galega e reintegracionismo e mais a aposta por desenvolver contactos de cara a acadar unha norma única para os movementos lusistas do paÃs.