A AGAL escolle a Jon Amil como novo presidente

Na nova directiva participan membros do equipo saínte

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Imaxe da asemblea da AGAL. No centro, con camiseta rosa, Jon Amil. Fonte: AGAL

Imaxe da asemblea da AGAL. No centro, con camiseta rosa, Jon Amil. Fonte: AGAL

A Associaçom Galega da Língua (AGAL) escolleu este sábado 8 de xullo a súa nova directiva no marco da asemblea que celebrou no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. A candidatura "A nossa língua comum", única presentada ao Conselho da AGAL, foi escolleita por unha ampla maioría, con só unha abstención nos votos emitidos no encontro. O médico Jon Amil, que encabezaba esta lista, será o novo presidente da entidade reintegracionista, acompañado por un equipo no que se combinan nomes da anterior directiva con novas caras.

Segundo informa a organización, canda a Amil recuncan no Consello da AGAL Eduardo Maragoto, João Lousada, Susana Álvarez e Vítor Garabana, mentres se incorporan Manuel Simón Nóvoa, Wika Grygierzec e Mar Lopes.

Entre as propostas da candidatura de Amil está prestar especial atención a "equilibrar a participaçom de mulheres e homens na associaçom" e mais "no acompanhamento de novas identidades, como a LGTBIQ". A aposta por espallar o reintegracionismo nas redes sociais e promover o emprego da nosa lingua da infancia aparecen como outros eixes do novo mandato.

Que che parece esta nova?
117 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AGAL, Associaçom Galega da Língua, Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela...