Anxos Sobriño foi elexida como nova presidenta da CTNL

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua cumpre 20 anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Anxos Sobriño foi elexida como nova presidenta da CTNL

Este sábado a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua celebrou a súa asemblea xeral en Compostela. O encontro serviu para celebrar os vinte anos de existencia desta entidade cun xantar e unha sesión vermut. Ademais, a organización renovou a súa xunta directiva, logo do anuncio de Nel Vidal, o anterior presidente, de que abandonaba o posto para propiciar unha renovación no colectivo. Como resultado do encontro, os profesionais da normalización escolleron a Anxos Sobriño, traballadora no equipo de lingua da Audiencia Provincial de Pontevedra, como nova cabeza.

Canda a ela, integran o novo equipo directivo Rosa Moreiras, como secretaria, Queca Carballo, como tesoureira e Adela Pita, David Cobas, Dores S. Alegre, Silvia Muíño, Soco G. Conde e Tono Formoso como vocais.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CTNL, Pontevedra, Carballo, Santiago de Compostela